Ela ten dous ollos de aguia
que parecen dous luceiros
para iluminar a miña alma
de noite polos sendeiros.
Súas olladas non ten ficción
nen na súa sincera sorrisa
é tan pulcra como branca
coma o sol na suave brisa.
Xa non me é máis posible
durmir sen poder amala
mentras eu sexa infalible.
De miña mente non podo quitala
encanto pensar fora admisible
de dia e de noite querendo ollala.
II
Nun domingo, antes de viaxar
pedinlle moi humildemente,
despois da santa misa rezar
pra atenderme pacientemente.
En prosa e verso, unha misiva
eu intentaba poderlle entregar
onde eu xuraba, sen evasiva
que nunca a deixaría de amar.
Trémula, tomouna en súas maos
brancas como copos de neves
delicadas como flores de xeranios.
Para o papel non se amazocar,
segurouna cos dedos, moi leves,
suaves como a brisa do madrugar.
III
Ollándome con unha rara atención
ela quedouse bastante confusa,
gardouna, ben cerca do corazón,
entre súas intimidades e a blusa.
Como se fose súa alma en flor
gardada, ó calor da escuridade
transmitíalle, compaixón e amor
para nunca deixala na saudade.
Agora, despois de ter que atravesar
as incertezas do tempo, con moita dor
os camiños, os ceos e un bravo mar
O meu corazón sangra, sen seu amor
a miña alma está xélida, na tempestade
os meus ollos só ven nela, o clamor.
¿............................................................................
...........................................................................?
...Thaynara, agora con a dor do mal que a acometera e o sufrimento polos
recordatorios, continua abrindo as páxinas do seu
enigmático e misterioso libro. Lembrase dos coidados
dantaño con relación ó amor, ás veces
extremos e dolorosos. Claro, todo iso, por precaución e con medo
do que podería acontecer na cabeza e na lingua das persoas
intrometidas das cousas alleas, pois, neses pequenos poboados, todo o
mundo coñece a todos. Ademais de iso, como eles aínda
eran dous adolescentes e sen unha certa base de coñecementos ou
medios de sustentación propios, toda a precaución nese
sentido sería pouca.
Naquela época e nun momento de indecisión, con as
bágoas escorrendo polo rostro e o corazón comprimindo seu
peito, pide unha tregua aparente ó amado, pois, dagora en
diante, soamente se poderían encontrar onde ninguén
puidese percibir eses encontros, é dicir, na súa propia
casa, sendo sabedores apenas eles e a familia dela, un segredo
compartillado por moitos anos entre eles.
A partir daquel momento, naquel fogar, a pesar de todos os problemas,
eles terían o calor de unha boa lareira de aldea para poder
aquecer súa alma, o corpo e, principalmente, os pés nesa
época do inverno moi frío e húmedo daquela comarca
da rexión galega. Era un amor reprimido diante do oído e
da ollada dos ollos clínicos de súa familia
por detrás das portas e das paredes.
Así mesmo, para eles, era a tranquilidade e satisfacción
de poder continuar amándose apaixonadamente, cando menos por uns
tempos. Theodosio, tamén con o corazón partido e sen otra
opción, acepta a decisión tomada pola amada que, de certa
maneira, era unha decisión bastante sensata e posible dentro das
circunstancias daquel exacto momento.
Todos eses imprevistos, os deixaban moi tristes e decepcionados,
principalmente para el, que lle quedaban poucos meses o tal vez uns
poucos días, para disfrutar non só do calor do fogar,
pero, tamén, daquela labarada que se encende cando dous
corazós apaixonados poden permutar aquelas olladas misteriosas e
penetrantes ata a propia alma.
Os días da despedida vanse acercando a galope, de unha maneira
angustiante e desesperadora para os dous, pois, mesmo que non o
declaren abertamente, con palabras, non era necesario que as dixesen,
porque, os xestos e súas olladas falaban máis que mil
palabras pronunciadas para percibir canto eles se
querían.
Asimesmo, os dous adolescentes, dentro do posible, procuran levar unha
vida como se nada estivera acontecendo fóra do normal, apenas,
aparentemente preocupados cos acontecementos naturales de
tódolos días, de un poboado de labradores do interior de Galicia súa moi querida, A Terra de Montes.
Porén, a pesar de que a despedida xa era esperada a calquera
momento, un certo día dun sol insípido e encuberto polas
nubes, ó anoitecer, surxe o encontro inesperado entre os dous
adolescentes xa bastante martirizados polas circunstancias imprevistas.
Ela volvía para casa con unha colega das aulas de costura e el
con varias persoas veciñas e parentes, en sentido contrario,
estaba saindo cargando as maletas de madeira de pino e vestindo a ropa
do domingo, para coller o taxi que os esperaba alí
próximo, no poboado, para embarcar dentro de uns días no
Porto de Vigo deica Cádiz e despois dali para o Brasil.
Naquel intre, polas circunstancias do momento, foi como unha despedida
apoteótica, pero, de xordos e mudos, sen dereito a
bágoas, lamentacións ou abrazos, apenas,
súas tristes olladas, vacías e perdidas no
horizonte de súas almas. Foi un momento de pensamentos
mórbidos e desalentadores, con seus corazós petrificados
e súas almas no máis profundo furacán arrebatador
de soños aínda incompletos...
Thaynara, quizais pola súa forte personalidade posesiva e
enigmática ela sabía moi ben como transformar e dominar
súa paixón en algunha cousa impenetrable, pétrea
ou indiferente. Costumaba deixar as persoas que dela se aproximaban
bastante confusas e desorientadas, pois, en realidade, nunca se
sabía completamente como sería seu comportamento no
próximo día de encontro con relación ó
namoro. Pero, el, a pesar de bastante realista, era ben máis
sensible ás posibles mudanzas do humor: bruscas e
enigmáticas da amada.
Os primeros días despois da despedida, ela, por súa auto
confianza e aparente indiferencia, aínda non acreditaba que el
xa estaba ben lonxe. Pero, aos poucos, vai constatando que, iso era un
feito consumado e procura “esquecelo” intentando namorar
con outros pretendentes, pero, a pesar de súa imaxinaria dureza,
algunha cousa dentro de seu corazón, batía máis
forte, de modo que, todo aquilo que procuraba disfrazar, era apenas
unha desconcertante fuga de diversión camuflada que só
enganaba a sí mesma, porén, martirizaba ó amado
distante coa súa frivolidade.